O CENTRO COMERCIAL AS TERMAS DE LUGO E ADOS AGASALLAN CUNHA ENTRADA DE CINE A TODAS AS PERSOAS QUE DOEN SANGUE O VENRES 12 DE XANEIRO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove o día 12 de xaneiro unha nova campaña en colaboración co Centro Comercial As Termas de Lugo, na que todas as persoas que acudan a doar recibirán como agradecemento unha entrada para ir ao cine.

Unha unidade móbil de ADOS estará situada na entrada superior do centro comercial, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 o venres 12, para facilitar a doazón de sangue de todas as persoas que o desexen.

Neste sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu sincero agradecemento á Xerencia do Centro Comercial As Termas por esta nova colaboración, que pon en valor o xeneroso xesto da doazón, recoñecemento que fai extensivo a todos os doantes que, coa súa xenerosidade, contribúen ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.


Comparte vida, únete a nós.