ADOS AGASALLARÁ CUNHA PORCIÓN DE ROSCÓN DE REIS A TODAS AS PERSOAS QUE DOEN SANGUE O DÍA 5

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradecerá co agasallo dunha porción de roscón a todas as persoas que acudan a doar sangue este venres, 5 de xaneiro, tanto nas unidades móbiles de ADOS como nos locais de doazón das sete grandes cidades galegas.


Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue queremos convidar a toda a cidadanía a doar sangue durante a xornada previa ao día dos Reis Magos, unha data especialmente salientable e na que ADOS quere agasallar, un ano máis, a todos os doantes de sangue polo seu altruísmo e inestimable colaboración que permite levar a cabo de maneira axeitada o intenso labor asistencial dos centros hospitalarios galegos.

Comparte vida, únete a nós.