ADOS E O MONBUS OBRADOIRO UNEN FORZAS EN FAVOR DA DOAZÓN DE SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Monbus Obradoiro poñen en marcha unha promoción para invitar á cidadanía compostelá a participar na campaña de doazón de sangue.

Así, unha unidade móbil de ADOS permanecerá estacionada na Praza Roxa (Santiago de Compostela) o mércores 15 e o xoves 16 de marzo, entre as 15:30 e as 21:00 horas.

Os primeiros doantes recibirán unha entrada de agasallo para o partido Monbus Obradoiro vs Lenovo Tenerife do sábado 18 de marzo, ás 18:00 horas (ata rematar o número limitado de entradas dispoñibles).

Mais a promoción non remata aí, pois todas as persoas que doen sangue na unidade móbil da Praza Roxa nestes dous días, recibirán un código promocional no momento da doazón co que poderán adquirir entradas para ese encontro na páxina web do club cun desconto do 50% en tarifa Adulto en calquera lugar do Pavillón.​

Comparte vida, únete a nós.