A FACULTADE DE ENFERMARÍA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLEU UNHA MESA E CHARLAS INFORMATIVAS DE ADOS SOBRE A DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA

 
A Facultade de Enfermaría da USC de Santiago de Compostela acolleu o pasado luns 26 de febreiro unha mesa e varias charlas informativas sobre doazón de proxenitores hematopoéticos, coñecidos tamén como medula ósea, promovidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
 
 Ao longo da mañá, os estudantes recibiron información sobre este xeito de doazón e puideron resolver dúbidas coas profesionais de ADOS que atenderon a mesa e deron as charlas informativas durante toda a xornada matutina.
 
 Esta iniciativa forma parte da campaña de información, sensibilización e captación de doantes de medula ósea que está a desenvolver a Axencia durante esta segunda fase da campaña de doazón en centros docentes universitarios e non universitarios, correspondente ao curso académico 2023-2024.

Comparte vida, únete a nós.