O centro comercial Marineda City volve amosar o seu compromiso coa solidariedade sumándose, unha vez máis, á campaña de doazón organizada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
Mañá sábado 26 de abril, en horario de 10:00 a 15:00 horas, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na praza exterior do centro comercial, co obxectivo de facilitar a doazón a todas aquelas persoas que desexen colaborar neste acto altruísta. Como mostra de recoñecemento pola súa xenerosidade, as persoas doantes recibirán un vale trocable por un almorzo gratuíto no propio recinto comercial.
A colaboración entre ADOS e Marineda City, activa desde o ano 2011, consolida ao centro como un aliado clave na promoción dá doazón e de valores solidarios. As experiencias previas amosan unha boa resposta cidadá, cunha media de 30 doantes por xornada nas campañas realizadas neste espazo.
ADOS quere agradecer ao Centro Comercial Marineda City a súa colaboración e apoio nas campañas de doazón, e na difusión de hábitos saudables, reafirmando o seu compromiso co benestar da comunidade.