A CONSERVEIRA CONNORSA ACOLLE UNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS PARA PROMOVER A DOAZÓN DE SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a conserveira Connorsa promoveron, onte luns 22 de setembro, unha nova xornada solidaria a prol da doazón de sangue. 

Con motivo da colaboración, ADOS desprazou unha unidade móbil ata o recinto da empresa que estivo estacionada de 9:30 a 14:30 horas para atender a todos os traballadores e traballadoras que desexaron participar. 

ADOS quere salientar o carácter solidario e xeneroso de Connorsa, que desde 1997 vén participando nas campañas de doazón de sangue que organiza ADOS para acadar máis de 670 doazóns que permitiron rexistrar 110 novos doantes nestes últimos anos.

ADOS quere amosar o seu agradecemento á dirección de Connorsa polo seu constante compromiso coas campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia, así como a todos os profesionais que participan neste acto solidario que fomenta a creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón.


Comparte vida, únete a nós.