Conscientes da importancia que teñen as doazóns de sangue para salvar vidas, desde a Sociedade Textil Lonia S.A. participan, unha vez máis, no programa de doazóns planificado pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
Deste xeito, este xoves 18 de setembro, os traballadores e traballadoras das instalacións que a empresa ten en Ourense, poderán acudir ata a unidade móbil estacionada no recinto da compañía para doar sangue de 8:00 a 16:15 horas.
Desde 1999 a Sociedade Textil Lonia S.A. recibiu preto de 40 visitas de ADOS, para recoller a xenerosidade do seu persoal que permitiron acadar máis de 1.740 doazóns ao longo destes anos.
Desde ADOS queren amosar o seu agradecemento a todas as empresas e entidades que colaboran e participan no desenvolvemento dos obxectivos planteados desde a Axencia, e en particular á Sociedade Textil Lonia S.A. pola súa contribución xenerosa, nun acto solidario e altruísta como é doar sangue. Agradecemento que fan tamén extensible a todos os traballadores y traballadoras da empresa que doaron sangue.
A organización de iniciativas deste tipo, coa colaboración de entidades como a Sociedade Textil Lonia S.A. supoñen un significativo impulso ás doazóns, porque axudan a sensibilizar e concienciar, non só á poboación en xeral, senón a sectores importantes do tecido empresarial de Galicia.