Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará situada hoxe xoves 24 na entrada principal do centro comercial As Cancelas, co obxectivo de facilitar aos cidadáns a posibilidade de doar e contribuír ao mantemento das reservas de sangue en niveis adecuados, especialmente nestes meses de verán.
O horario da unidade móbil para atender ás persoas que queiran participar na doazón é pola mañá de 9:30 a 14:30h.
Desde o ano 2013, ADOS ten visitado o recinto comercial en sete ocasións, gracias á boa acollida por parte dos veciñas, veciñas e visitantes. ADOS quere agradecer a colaboración da xerencia do CC As Cancelas pola súa colaboración e compromiso coas campañas de doazón, así como a todos os traballadores e traballadoras pola súa implicación e apoio.
A Axencia lembra que doar sangue é un xesto solidario que salva vidas, e por iso, anima a todas as persoas entre 18 e 70 anos, en bo estado de saúde, a participar nas campañas de doazón, e dedicar 15 minutos do seu tempo para axudar a pacientes que precisan de algún compoñente sanguíneo para o tratamento da súa enfermidade.