A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe luns 9 de xuño e mañá martes, unha nova campaña de doazón no Grupo ALUDEC de Pontevedra, co obxectivo de incentivar a participación dos seus traballadores e traballadoras.
Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada nas instalacións da empresa de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
ADOS ten visitado as instalacións de ALUDEC en Ponte Caldelas un total de 10 veces dende o ano 2019, logrando dende esa primeira visita, 245 doazóns de sangue procedentes da solidariedade dos seus profesionais.
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer o seu compromiso e colaboración á Dirección do Grupo ALUDEC, e a todos os traballadores e traballadoras que participan na doazón de sangue.