ADOS PARTICIPA NO 34 CONGRESO DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE TRANSFUSIÓN SANGUÍNEA E TERAPIA CELULAR

A cidade de Alicante acolleu do 5 ao 7 de xuño o 34 Congreso da Sociedade Española de Transfusión Sanguínea e Terapia Celular, un encontro clave para os profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito destas materias.

O evento, ao que asistiu a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), reuniu a destacados expertos de todo o país para compartir coñecementos, debater os últimos avances científicos e fomentar a colaboración entre profesionais de distintas áreas da medicina.

O programa científico do Congreso abordou un amplo espectro de contidos e campos de estudo relacionados coa transfusión sanguínea e a terapia celular, desde a ciencia básica ata a medicina clínica, con especial atención á investigación traslacional.

Relatores nacionais e internacionais achegaron a súa visión e experiencia, nun evento que pretende ser un espazo de referencia para o intercambio de coñecementos e o crecemento profesional.



Comparte vida, únete a nós.