O CENTRO TECNOLÓXICO DE AUTOMOCIÓN DE GALICIA COLABORA NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE IMPULSADA POR ADOS


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolveu ao longo deste mércores 4 de xuño, unha nova campaña de doazón de sangue no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (C.T.A.G.). Unha unidade móbil da ADOS estivo estacionada no recinto que o Centro Tecnolóxico ten en Porriño (Pontevedra), para facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, en horario de 09:30 a 14:30 horas.

Desde a posta en marcha das campañas de doazón de sangue nas unidades móbiles, ADOS ten visitado as instalacións do C.T.A.G. un total de 21 ocasións, acadando desde a primeira visita realizada no ano 2008, a cifra de 762 doazóns de sangue, procedentes da solidariedade e implicación dos seus profesionais.

Neste sentido, a Axencia quere agradecer ao C.T.A.G, a súa colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue.

Comparte vida, únete a nós.