NOVA CAMPAÑA PARA O FOMENTO DA DOAZÓN NO CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA DE VIGO

​O Centro Comercial Gran Vía de Vigo e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) pon en marcha a partir de mañá xoves 8 de maio e ata o sábado día 10, unha nova campaña para sensibilizar e promover a doazón de sangue e incentivar a participación do maior número de traballadores e clientes.

Durante estes días, ADOS instalará un local habilitado para a doazón que estará situado no aparcadoiro da cuberta axardinada que se atopa na zona de acceso do elevador aos cines. Deste xeito, todas as persoas que desexen doar poderán facelo en horario de 9:30 a 14:30 pola mañá, e de 15:30 a 21:00 h. pola tarde, a excepción do sábado 10 de maio, na que a participación dos doantes poderá realizarse de 10:00 a 15:00 h. 

Desde ADOS e o centro comercial Gran Vía de Vigo, queren convidar a todos os cidadáns a participar nesta acción solidaria e altruista que salva vidas. Para iso, o local de doazón permitirá de forma cómoda e segura que calquera persoa maior de idade e en bo estado de saúde, poida achegarse e contribuír coa súa xenerosidade a manter os niveis óptimos de hemoderivados que atendan correctamente as necesidades demandadas polos hospitais de Galicia.

ADOS quere amosar o seu agradecemento ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo pola súa colaboración nas campañas de doazón desde o ano 2008, que reafirman o seu compromiso coa saúde e benestar das persoas. Nas sete ocasións que a Axencia visitou a superficie comercial obtivéronse 382 doazóns de sangue, das cales 120 persoas, o 32%, doaban sangue por primeira vez. ​


Comparte vida, únete a nós.