TRABALLADORES DO BANCO SANTANDER PARTICIPAN NA DOAZÓN DE SANGUE

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025.- Conscientes da importancia que teñen as doazóns de sangue para salvar vidas, o Banco Santander quixo participar no programa de doazóns planificado por ADOS. Neste sentido, traballadores e traballadoras da entidade financeira decidiron acudir ata as unidades móbiles desprazadas para doar sangue.
As localizacións elixidas para as doazóns foron as principais cidades de Galicia onde o Banco Santander ten unha maior presenza. Deste xeito, os doadores puideron dispoñer da proximidade das unidades móbiles de ADOS e da flexibilidade de horarios, de mañá e tarde, para facilitar a súa asistencia e dificultar o menos posible a actividade laboral do Banco.
A organización de iniciativas deste tipo, coa colaboración de entidades como o Banco Santander, supoñen un significativo impulso ás doazóns porque axudan a sensibilizar e concienciar, non só á poboación en xeral, senón a sectores importantes do tecido empresarial como o financeiro.
Desde ADOS queremos reiterar o noso agradecemento a todas as empresas e entidades que colaboran e participan connosco no desenvolvemento dos obxectivos planteados desde a nosa Axencia, e en particular ao Banco Santander pola súa contribución xenerosa nun acto solidario e altruísta como é doar sangue. Agradecemento que facemos tamén extensible a todos os traballadores y traballadoras da entidade que doaron sangue.


Comparte vida, únete a nós.