CRTVG COLABORA COA DOAZÓN DE SANGUE E RECIBE A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS


As instalacións da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) en San Marcos, reciben hoxe luns 2 de xuño, a visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Durante toda a xornada, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:30h. os traballadores e traballadoras da CRTVG que queiran doar sangue, poderán achegarse ata a unidade móbil de ADOS, estacionada no recinto da empresa, para compartir o seu tempo e xenerosidade.

Desde 1993, a CRTVG mostrou a súa implicación e compromiso coa doazón de sangue, colaborando en numerosas campañas organizadas por ADOS que permitiron superar as 2.000 doazóns, grazas ás 55 visitas efectuadas pola unidade móbil durante estes anos.

Desde ADOS queremos agradecer a todos vos profesionais da CRTVG polo seu apoio e participación no labor de recollida das doazóns de sangue.




Comparte vida, únete a nós.