PROFESIONAIS SANITARIOS RECIBEN FORMACIÓN EN COMUNICACIÓN DE SITUACIÓNS CRÍTICAS

Os pasados días 28 e 29 de maio celebrouse nas cidades de Vigo e Ourense respectivamente, un curso sobre "Comunicación en situacións críticas" realizado pola Organización Nacional de Transplantes. 

A actividade formativa, dirixida a profesionais sanitarios, tivo como obxectivo proporcionar as ferramentas prácticas e teóricas necesarias para mellorar a capacidade de resposta e comunicación efectiva en contextos asistenciais especialmente sensibles.

A comunicación de noticias difíciles, a xestión emocional en situacións límite ou a atención ás familias en momentos complicados, foron algúns dos temas abordados durante o curso, co fin de humanizar a atención e reducir o impacto tanto en pacientes como en familiares.

Os asistentes á formación valoraron moi positivamente os contidos que se impartiron e a súa aplicabilidade no día a día.

Comparte vida, únete a nós.