Unha unidade móbil de ADOS desprazouse onte martes 27 de maio, ata as instalacións que a empresa Conservas Friscos S.A. posúe en Catoira.
Durante a mañá, de 10:00 a 14:00h, os traballadores e traballadoras da conserveira asistiron ata o autobús que ADOS situou no recinto da factoria para doar sangue.
Conservas Friscos S.A. ten unha longa trayectoría de colaboración con ADOS sobre a doazón de sangue. Unha vez cada ano, desde 1997, a unidade móbil da Axencia desprázase a esta conserveira para recoller a solidariedade dos seus profesionais que permitiron superar as 630 doazóns en todo este tempo.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a todos os profesionais e ao equipo directivo pola súa implicación e apoio nun acto nobre e altruísta como é a doazón de sangue.