A empresa de conservas Escurís mostra unha vez máis a súa colaboración e solidariedade coa doazón de sangue, ao participar na nova campaña que ADOS puxo en marcha nas instalacións que posúe a compañía na Pobra do Caramiñal na Coruña.
Unha Unidade Móbil de ADOS desprazouse, onte luns, ata a conserveira, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00h. para recoller as doazóns de sangue dos seus traballadores e traballadoras.
Escurís que pertence a conservas Rianxeira S.A.U, iniciou a súa colaboración coa doazón en ADOS en 1993. Desde entón foron ao redor de 60 visitas as realizadas polas unidades móbiles da Axencia á factoría. Durante todo este período, o número de doazóns alcanzadas foi de 2875, grazas á xenerosidade dos seus profesionais e á implicación do seu equipo directivo por organizar e facilitar a doazón de sangue ao longo da xornada laboral.
Desde ADOS queremos mostrar o noso agradecemento á empresa de conservas Escurís pola súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de sangue; recoñecemento que tamén facemos extensible ao resto do persoal que dedicou parte do seu tempo en realizar este xesto solidario e xeneroso que salva vidas.