UNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS VISITA AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA FRINSA

A conservera FRINSA acolleu onte mércores 7 de maio, unha nova campaña de doazón promovida por ADOS coa instalación dunha unidade móbil no aparcadoiro da empresa. 

Durante toda a xornada, as traballadoras e traballadores de FRINSA puideron doar sangue nun horario amplo, de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h para facilitar a súa asistencia ao longo de toda a xornada.

Dende o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta factoría, ADOS ten visitado as instalacións de FRINSA en Ribeira un total de 60 veces dende o ano 1994, acadando dende esa primeira visita, 2.787 doazóns de sangue procedentes da solidariedade dos seus profesionais.

ADOS quere agradecer a súa colaboración á Dirección de FRINSA polo seu compromiso, facendo extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que participan cada ano nesta campaña de doazón.


Comparte vida, únete a nós.