O CONSISTORIO DE LALÍN ACOLLE UNHA CHARLA INFORMATIVA DE ADOS E ASOTRAME SOBRE A DOAZÓN DE SANGUE E MEDULA ÓSEA

A casa consistorial de Lalín acolle o mércores 31, ás 19.00 horas, unha charla sobre doazón de sangue e de medula ósea para informar e concienciar á cidadanía sobre a importancia duns xestos de xenerosidade que salvan vidas. Esta iniciativa, na que están invitadas todas as persoas interesadas, é froito da colaboración entre a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea (ASOTRAME) e o Concello de Lalín.

Comparte vida, únete a nós.