O IES Lamas de Abade en Santiago de Compostela acolle hoxe luns 13 de outubro unha mesa informativa sobre a doazón de sangue e medula ósea, promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
Ao longo de toda a mañá, os estudantes reciben información sobre a doazón e poden resolver as dubidas coas profesionais de ADOS que atenden na mesa.
Esta iniciativa forma parte da campaña de información, sensibilización e captación de doantes de sangue e medula ósea que está a desenvolver a Axencia ao longo desta primeira fase da campaña de doazón en centros docentes universitarios e non universitarios, correspondente ao curso académico 2025-2026.
Mañá martes, unha unidade móbil estará estacionada no aparcadoiro do instituto de 09:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas para atender a todos aqueles estudantes e persoal do centro que queiran compartir o seu tempo en doar sangue.