ADOS PROMOVE A FORMACIÓN PARA AS ÁREAS DE HEMODOAZÓN E AFÉRESE COS CURSOS: "O PROCESO DE DOAZÓN DE SANGUE PARA ENFERMARÍA" E "O PROCESO DE DOAZÓN DE SANGUE PARA MEDICINA"

 

ADOS PROMOVE A FORMACIÓN PARA AS ÁREAS DE HEMODOAZÓN E AFÉRESE COS CURSOS: "O PROCESO DE DOAZÓN DE SANGUE PARA ENFERMARÍA" E "O PROCESO DE DOAZÓN DE SANGUE PARA MEDICINA"

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove sendos cursos de formación nas áreas de Hemodoazón e Aférese para persoal médico e de enfermaría. Os cursos "Proceso para a doazón de sangue na enfermaría" e "Proceso para a doazón de sangue para medicina", que organiza ACIS (Axencia de Coñecemento en Saúde), poden participar todos os enfermeiros/as e médico/as, respectivamente, que teñan ou tivesen relación contractual co Servizo Galego de Saúde.

O obxectivo do curso, de dúas horas lectivas no caso de enfermaría e de tres horas no de medicina e que se pode levar a cabo na modalidade de "Autoformación", tenta achegar todas as tarefas vencelladas ao labor do persoal de enfermaría e médico en relación coa doazón de sangue. As persoas interesadas en participar deben matricularse a través do Perfil ACIS e desenvolverase na plataforma SHARE.



Comparte vida, únete a nós.