O sangue non se emprega tal e como se lle extrae ao doante. Cada bolsa de sangue fácil sométese a un proceso de separación no que se obteñen tres compoñentes sanguíneos (glóbulos vermellos, plasma e plaquetas). Normalmente cada enfermo require só un deles.?
Unha doazón de sangue pode beneficiar a máis dun enfermo xa que os tres compoñentes sanguíneos adoitan utilizarse por separado. Nunha intervención cirúrxica poden precisarse unha ou dúas bolsas de glóbulos vermellos, pero nalgúns accidentes de tráfico e nos transplantes de fígado chégase a utilizar o sangue que doan 20 ou 30 persoas e ás veces máis.
Os glóbulos vermellos transportan o osíxeno desde os pulmóns a todos
os tecidos do organismo. Conservaranse
a 4 graos e caducan aos 42 días. Utilízanse
en tratamentos de cancros do sangue e en operacións ou
accidentes nos que o paciente perde moito sangue.
Parte líquida do sangue que contén proteínas para o tratamento de grandes queimados, enfermidades crónicas, infecciosas, etc. Consérvase a -40ºC e dura ata dous anos.
PLAQUETAS
As
plaquetas, en cambio, interveñen na coagulación do sangue
impedindo as hemorraxias causadas por pequenas lesións que
habitualmente se producen nas arterias, veas e capilares. Consérvanse a 22ºC en axitación constante. Tan só duran 7 días.