Solidarios ata a medula

 
A doazón de medula ósea, nome xenérico que se lle dá á doazón de células nai ou proxenitores hematopoéticos, é o tratamento e ás veces a única opción terapéuticatica para moitos pacientes hematológicos.
É un proceso que involucra a 2 persoas: consiste en substituír as células enfermas do paciente por células sas do doante .
O doante ideal é un irmán ou familiar directo, pero 3  de cada 4  pacientes non dispoñen dun familiar compatible. Por ese motivo creáronse os rexistros de doantes voluntarios .En España é o REDMO., sendo  ADOS o seu Centro de Referencia en Galicia.
O doante de medula ósea é universal. Unha vez inscrito no rexistro pasa a formar parte da rede mundial de doantes de medula ósea e estará dispoñible para doar para calquera paciente do mundo que o necesite. Isto é porque a posibilidade de atopar un doante non familiar é de 1   entre 4.000.
A doazón de medula ósea é unha axuda altruísta e anónima. É un compromiso cun mesmo e cos demais. É regalar vida.

Comparte vida, únete a nós.