Publicación e presentación da nova edición dos concursos
organizados pola Coordinación Autonómica de Transplantes (ADOS)
VI
CONCURSO DE CARTEIS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS
TRANSPLANTES DE ÓRGANOS
Establécense
dúas categorías de participación para o alumnado matriculado
durante o curso 2023/24:
A.-
5º e 6º de educación primaria
B.-
1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria (ESO)
Para
cada unha destas categorías concederase un primeiro e un segundo
premio:
•
1º premio consistirá nunha dotación
económica por valor de 1000 euros destinado á adquisición de
material escolar para o centro docente. O/a alumno/a e profesor/a
recibirán cadansúa tableta.
•
2º premio consistirá dotación
económica por valor de 500 euros destinado á adquisición de
material escolar para o centro docente. O/a alumno/a recibirá uns
auriculares e o profesor/a unha
tableta.
X
CONCURSO DE CURTAMETRAXES PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS
TRANSPLANTES DE ÓRGANOS
Dirixido
a: Poderá participar no concurso de curtametraxes o alumnado de 4º
da ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e
superior e de ensino artístico regrado de todos os centros
educativos, tanto sostidos con fondos públicos como privados, da
Comunidade Autónoma galega .
•
1º premio consistirá nunha dotación
económica por valor de 1.000 euros para o centro escolar / 1.000
euros destinados aos alumnos participantes e tableta para o titor do
traballo.
•
2º premio consistirá nunha dotación
económica por valor de 750 euros para o centro escolar / 750
destinados aos alumnos participantes e tableta para o titor do
traballo.
IX CONCURSO UNIVERSITARIO DE CURTAMETRAXES RELACIONADO COA DOAZÓN E
TRANSPLANTE DE MEDULA ÓSEA
Dirixido
a: Alumnado matriculado durante o curso 2023/24 nas universidades do
Sistema Universitario de Galicia e nos centros asociados da UNED en
Galicia.
•
1º premio consistirá nunha dotación
económica por valor de 2000 euros para os alumnos participantes,
para compra de material informático, audiovisual, deportivo ou de
lectura.
•
2º premio consistirá nunha dotación
económica por valor de 1500 euros para os alumnos participantes,
para compra de material informático, audiovisual, deportivo ou de
lectura.
•
3º premio consistirá nunha dotación
económica por valor de 1.000 euros para os alumnos participantes,
para compra de material informático, audiovisual, deportivo ou de
lectura.