Unha unidade móbil da
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
estará este mércores, 20
de decembro, na entrada principal do Hospital Álvaro
Cunqueiro de Vigo en
horario de de 9:30
a 14:30;
para que todas as persoas, que así
o
desexen, poidan
realizar o xeneroso acto
da doazón de sangue.
Esta
nova campaña de doazón no Hospital Álvaro Cunqueiro enmárcase
dentro das colectas de sangue que ADOS realiza en empresas e
organismos públicos ao longo de todo o ano, e que representan o 9%
de todas as doazóns recollidas en Galicia.
A
Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue quere amosar a súa
gratitude a todas as persoas que doan sangue de forma habitual pero,
de maneira especial neste caso, a todos os usuarios e profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.