A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove os
días 7 e 9 de decembro unha nova campaña
en colaboración co Centro Comercial Travesía de
Vigo, na que todas
as persoas que acudan a doar recibirán como
agradecemento
unha entrada para
ir
ao cine.
Os
cidadáns
que se acheguen a doar sangue na planta baixa, en horario de 10:00 a
14:30 e de 15:30 a 21:00 o
xoves
7
e
de 10:00 a 14:30 o sábado
9,
recibirán por cortesía do Centro Comercial e de Ocio Travesía unha
invitación válida
para calquera día e sesión en Cine Yelmo Travesía, válida ata o
31 de marzo de 2024.
Neste
sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu
sincero agradecemento á xerencia do Centro Comercial Travesía pola
súa colaboración, recoñecemento que fai extensivo a todos
os
doantes
que, co seu
xeneroso xesto,
contribúen
ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.