A CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE “TI ES O PROTAGONISTA “ CONTINUOU A SEMANA PASADA, ACHEGÁNDOSE ATA OS CONCELLOS DE SANTA COMBA E VERÍN
A campaña especial de
doazón de sangue dos meses de verán “Ti es o protagonista”, que promove a
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegouse o xoves, 31 de agosto,
ata a localidade de Santa Comba e o venres e sábado, 1 e 2 de setembro, estivo
en Verín. No concello de Santa Comba realizáronse 61 doazóns; e no de Verín,
74, dos que 5 foron novos doantes. Con esta iniciativa ADOS quere poñer en
valor o papel dos doantes de sangue e agradecerlles o seu xesto solidario. ADOS
lembra que todos os días do ano, incluídos os meses de verán, é necesario obter
entre 400 e 500 doazóns de sangue para abastecer aos centros sanitarios de Galicia.