A CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE “TI ES O PROTAGONISTA “ ESTARÁ MAÑÁ EN BETANZOS
A campaña especial de
doazón de sangue dos meses estivais “Ti es o protagonista”, que promove a
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá, martes 5 de setembro,
na Praza Irmáns García Naveira de
Betanzos en horario de 10:00 a 14.00 e de 16:00 a 21:00 horas. Con esta
iniciativa ADOS quere poñer en valor o papel dos doantes de sangue e invitar á
cidadanía a participar activamente nas campañas de doazón de sangue; en especial
os grupos 0- e A+, que son os que se atopan nestes momentos coas reservas máis
baixas. ADOS lembra que todos os días do ano, incluídos os meses de verán, é
necesario obter entre 400 e 500 doazóns de sangue para abastecer aos centros
sanitarios de Galicia