En 1998 a Consellería de Sanidade autorizou a apertura e posta en funcionamento do Banco de Sangue de Cordón Umbilical. Dende ese momento a unidade de Criobioloxía, en coordinación cos servizos de xinecoloxía e obstetricia, así como cos servizos de pediatría dos principais hospitais galegos, encárgase do procesado e almacenamento das unidades de sangue de cordón umbilical fáciles. O banco de cordón de Galicia é un banco público, onde as unidades almacenadas están dispoñibles para calquera enfermo que o precise, excepto os casos nos que está indicada unha doazón dirixida autorizada nos que o cordón quedará reservado para o enfermo.
Dentro das outras actividades que a unidade de Criobioloxía ven desenvolvendo, están a organización do banco de hematíes fenotipados e criopreservados.
Dispoñemos
ademais doutros produtos criopreservados como hematíes de fenotipo raro, destinados a pacientes que teñan
dito fenotipo e que desenvolvesen xa anticorpos que impidan
administrarlles sangue convencional.
Procesamos, criopreservamos e almacenamos tamén
células proxenitoras hematopoéticas, para autotrasplante en pacientes.
Cando se precisan, mediante un tanque de transporte
son enviadas ao hospital para a súa infusión.