A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez Mejuto, doou sangue esta mañá e animou á cidadanía a participar nas campañas da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
Tanto a conselleira en funcións coma a directora de ADOS, Marisa López García, agradeceron a xenerosidade dos profesionais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que foron a doar, así como a todas as persoas que doan sangue de maneira habitua.l
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o seu compromiso e colaboración para lograr un número axeitado de doazóns de sangue, facéndoo extensivo a toda a sociedade galega que, nalgún momento das súas vidas, doaron sangue para o correcto funcionamento dos hospitais galegos.