A
directora da Axencia de doazón de Órganos e Sangue visitou, no día
de onte, a unidade móbil de ADOS que acude dúas veces ao ano ás
inmediacións da Comisaría da Policía Nacional de Vigo, na rúa Pintor
Lugrís, para agradecer a xenerosidade de todos os axentes que
participan no altruísta xesto da doazón de sangue. Facendo
extensivo este recoñecemento a todos os profesionais dos corpos de
seguridade que exercen as súas funcións en Galicia.