Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias da Axencia
Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que é a canle electrónica
habilitada por esta Axencia en aplicación do artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de
febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións
normativas e de loita contra a corrupción.Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar
información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de
integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de
xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade
institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados
ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
A comunicación por esta canle
estrutúrase en dúas modalidades:
- Modalidade anónima,
na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os
órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
- Modalidade nominativa, na que é
precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que
investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación.
Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os
efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e
comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase
expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante,
garantirase a confidencialidade da persoa informante.