O CIFP A CARBALLEIRA DE OURENSE ACOLLEU UNHA MESA INFORMATIVA DE ADOS SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA

O CIFP A Carballeira de Ourense acolleu o pasado martes 26 de setembro unha mesa informativa sobre doazón de medula ósea, promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo da xornada, os estudantes recibiron información sobre este xeito de doazón e puideron resolver dubidas coas profesionais de ADOS que atenderon a mesa na xornada matutina. Esta iniciativa forma parte da campaña de información, sensibilización e captación de doantes de medula ósea que está a desenvolver a Axencia ao longo desta primeira fase da campaña de doazón en centros docentes universitarios e non universirarios, correspondente ao curso académico 2023-2024.

Comparte vida, únete a nós.