A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove o
día 16 de xaneiro unha
nova campaña en
colaboración co Centro Comercial As Termas de Lugo, na que
todas as
persoas que acudan a doar recibirán como agradecemento unha
entrada para ir
ao cine.
Unha unidade
móbil de ADOS estará situada na
entrada superior do centro comercial, en horario de 9:30 a 14:30
e de 15:30 a 21:00 horas do venres 16, para
facilitar a doazón de sangue de todas as persoas que o desexen.
Neste
sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu
sincero agradecemento á Xerencia do Centro Comercial As
Termas por esta nova colaboración, que
pon en valor o xeneroso xesto da doazón, recoñecemento
que fai extensivo a todos os doantes que, coa
súa xenerosidade, contribúen ao
desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.