A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O CONCELLO DE A ESTRADA PROMOVEN A PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA NA CAMPAÑA “VERÁN 2023: TI ES O PROTAGONISTA”

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Concello de A Estrada, a campaña especial "Verán 2023:Ti es o protagonista” neste municipio pontevedrés. A iniciativa desenvolverase entre as xornadas de hoxe e maña, mediante o desprazamento dunha unidade móbil de ADOS ata a Praza do Concello de A Estrada, que atenderá aos doantes das 16:00 ás 21:00 horas, na presente xornada, e das 09:30-14:30 e 16:00-21:00 horas o venres 21 de xullo.

Non obstante, na xornada do venres, realizarase unha campaña de doazón de verán que se está a levar a cabo en máis de vinte concellos galegos, consistente no desenvolvemento dunha especial escenografía ao carón da unidade móbil de ADOS, despregando unha alfombra e simulando un set cinematográfico, para, desde xeito simbolizar o auténtico protagonismo dos doantes de sangue como eixes básicos da campaña de doazón no período estival.

Comparte vida, únete a nós.