O CORUÑÉS CAMPUS DE OZA ACOLLE O INICIO DA CAMPAÑA “UN ALENTO DE VIDA”

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegará a campaña “Un alento de vida” ata o coruñés campus de Oza ao longo da presente xornada. Unha unidade móbil da Axencia estará diante da entrada principal da Facultade de Enfermaría das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil disporase unha instalacións na que os participantes poderán engadir un globo a unha gota de sangue xigante, como modo de simbolizar como unha doazón de sangue pode aportar ese aire vital para moitos enfermos, proporcionándolle unha nova esperanza de vida.




Comparte vida, únete a nós.