A EMPRESA LUCENSE NOVA FRIGSA CONVIDA AOS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS A DOAR SANGUE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), visita este luns 21 de setembro as instalacións da empresa Nova Frigsa S.A.U. Os traballadores e traballadoras poderán achegarse ata a unidade móbil da ADOS que estará estacionada fronte ás oficinas das 09:30 ás 14:30 horas.

A Axencia quere agradecer á dirección de Nova Frigsa S.A:U. a súa especial sensibilidade a prol do solidario xesto da doazón de sangue e lembra que leva acollendo campañas de doazón desde o ano 1997, obtendo, no transcurso destas visitas un total de 528 doazóns de sangue.

Comparte vida, únete a nós.