O
alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín González, visitou este mércores
12 de agosto a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS) que estivo coa campaña “Un alento de vida” no
municipio pontevedrés. O edil estivo acompañado polo responsable do
área de sangue, compoñentes sanguíneos e hemoderivados da
Axencia, Dr. Gerardo Hermida Fernández, e ambos coincidiron en
salientar a importancia de doar sangue durante o período estival xa
que, todos os días do ano, os hospitais galegos precisan ao redor de
400 doazóns de sangue para desenvolver axeitadamente o seu labor
asistencial.