O CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL RECIBE A CAMPAÑA DE DOAZÓN “UN ALENTO DE VIDA”

Os traballadores e traballadoras do Centro Comercial Área Central, así como os usuarios e usuarias e a veciñanza do santiagués barrio das Fontiñas, poderán doar sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará estacionada, o xoves 30 de xullo, fronte á cabina de información na escaleira de acceso a Alcampo. As persoas que desexen doar poderán facelo das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Esta visita forma parte da campaña de doazón estival da ADOS, “Un alento de vida”.

A ADOS quere agradecer á xerencia de Área Central a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezou a acoller no ano 1993 e que, ata o momento, acumula un total de 15.812 doazóns de sangue.


Comparte vida, únete a nós.