A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse este mércores 3 de xuño ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que está a visitar esta semana os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, e realizou unha doazón de sangue.
A conselleira quixo convidar a toda a cidadanía a doar sangue, xa que, todos os días do ano, son precisas máis de 400 doazóns para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos hospitais.