APPLUS+ DE SADA FACILITA O ACCESO Á DOAZÓN DOS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

Applus+ de Sada recibe o venres 29 de maio unha nova campaña de doazón de sangue da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que leva visitando esta empresa desde o ano 1995.

A Axencia quere amosar o seu agradecemento á dirección de Applus+ polas facilidades amosados no desenvolvemento das campañas de doazón, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que teñen realizado un total de 1.088 doazóns de sangue ao longo das tres últimas décadas.

ADOS convida a todos os integrantes de Applus+ a acudir a doar ata a unidade móbil que estará estacionada na entrada da nave de D.A.F. das 10:00 ás 14:30 horas do venres.


Comparte vida, únete a nós.