A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE CHEGA ÁS INSTALACIÓNS DE FROIZ LOURIDO EN POIO

Os traballadores e traballadoras de Froiz Lourido en Poio terán o martes 19 de maio unha nova oportunidade para colaborar nas campañas de recollida de doazóns de sangue promovidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 horas para acadar a solidariedade dos profesionais desta empresa pontevedresa.


A Axencia comezou a visitar Froiz Lourido no ano 2001, acadando, desde entón, un acumulado de 799 doazóns de sangue. ADOS quere agradecer, tanto á dirección de Froiz Lourido como aos seus traballadores e traballadoras, a súa solidariedade e a súa colaboración nas campañas de doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.