ALUMINIOS CORTIZO S.A. RECIBE A CAMPAÑA DE DOAZÓN DA ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará este xoves 14 de maio unha unidade móbil ata as instalacións da empresa Aluminios Cortizo S.A. de Padrón. A unidade móbil, que estará estacionada na explanada da fábrica diante da cafetería, atenderá a todos os doantes das 10:00 ás 14:30 horas.


ADOS quere agradecer á xerencia de Aluminios Cortizo S.A. a súa colaboración co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, que acolle desde o ano 2000, acadando un total de 1.997 doazóns nas 26 visitas das unidades móbiles da Axencia.


Comparte vida, únete a nós.