A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegarase mañá,
martes 5 de maio, ata as inmediacións da Deputación, Correos e
Porto da Coruña para fomentar a participación de todos os
traballadores e traballadoras. Unha unidade móbil estacionada na
explanada de Palexco atenderá a todas as persoas que desexen
participar das 09:30 ás 14:30 horas.
Desde
o ano 1994, as unidades móbiles da Axencia teñen realizado campañas
de doazón de sangue na Deputación, Correos e Porto da Coruña,
acadando un total de 327 doazóns no transcurso das mesmas.