A
delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, participou
hoxe, venres 17 de abril, na campaña de doazón de sangue
desenvolvida na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estivo no edificio administrativo da Xunta co
obxectivo de fomentar a participación dos traballadores e
traballadoras, así como de toda a cidadanía coruñesa. Nesta
campaña, tamén tomaron parte a directora territorial da Consellería
de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, a directora da
Consellería de Política Social, María Blanco, e a directora da
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Mar Ferreiro.
Esta
iniciativa enmarcase
dentro das campañas que leva a cabo a Axencia
para achegar
este xesto
solidario a empresas e
organismos públicos de toda Galicia.