OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA NA CORUÑA PODERÁN DOAR SANGUE O VENRES 17 DE ABRIL

Os traballadores e traballadoras do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Coruña terán mañá, venres 17 de abril, unha nova oportunidade para colaborar coas campañas de doazón de sangue. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada no lateral da gasolineira en horario das 09:30 ás 14:30 horas.

A ADOS ten visitado as instalacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Coruña desde o ano 1994 acadando, no transcurso destas máis de tres décadas, un total de 1.173 doazóns de sangue. Desde a Axencia agradecer a todas as persoas que doaron sangue nestas campañas a súa participación e convidarlles a que continúen colaborando activamente no transcurso desta nova visita das unidades móbiles da ADOS.


Comparte vida, únete a nós.