A ASOCIACIÓN DEPORTIVA CERNE E A ADOS FOMENTAN A DOAZÓN DE SANGUE NO CONCELLO DE MELIDE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue colaborará coa Asociación Deportiva Cerne na campaña de doazón de sangue que hoxe terá lugar no concello de Melide. Unha unidade móbil da Axencia estará este luns 13 de abril estacionada no parque Rosalía de Castro diante do Centro Multiusos e da Biblioteca Municipal, das 16:15 ás 21:00 horas para atender a todos os veciños e veciñas de Melide que desexan doar sangue.

Pola súa banda, a Asociación Deportiva Cerne de Melide distribuíu, nas xornadas previas ao desprazamento da unidade móbil, información relacionada co solidario xesto da doazón entre os seus asociados e, deste xeito, promover a súa activa participación no transcurso desta campaña de doazón de sangue.

ADOS quere animar a toda a veciñanza de Melide a doar sangue e agradece a colaboración brindada pola Asociación Deportiva Cerne no desenvolvemento de campañas destinadas a concienciar á cidadanía da importancia deste xesto solidario.


Comparte vida, únete a nós.