O
Centro Comercial Gran Vía de Vigo colabora coa Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue no desenvolvemento das campañas de doazón de
sangue. O Centro Comercial Gran Vía agasallará cunha entrada de
cine a todas as persoas que doen sangue na unidade móbil que estará
estacionada diante da porta principal do centro comercial en horario
das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas do venres 10 de abril
e das 10:00 ás 15:00 horas do sábado 11 de abril.
A
Axencia quere agradecer ao Centro Comercial Gran Vía a súa
colaboración nas campañas de doazón de sangue e que, desde a
primeira visita no ano 2008, acumula xa 612 doazóns sangue.