A CAMPAÑA “NON PERDAS ESTE BUS. LÉVATE AO SON DO CAMIÑO” CHEGA AO CAMPUS DE FERROL

A Facultade Enfermaría e Podoloxía do campus de Esteiro (Ferrol) acollerá este xoves 9 de abril a campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada diante da Facultade de Enfermaría e Podoloxía das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil, no transcurso desta xornada, instalarase unha marquesiña de bus con información relacionada coa doazón de sangue.




Comparte vida, únete a nós.