A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DESENVOLVE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN NA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASAP) acollerá hoxe, venres 13 de marzo, unha nova visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A unidade móbil estará estacionada diante do edificio principal das 10:00 ás 14:30 horas para atender a todas as persoas que desexen doar.


A AGASAP acolleu en quince ocasións, desde o ano 2002, as visitas das unidades móbiles obtendo, no transcurso destas campañas, un total de 364 doazóns de sangue.


ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á dirección de AGASAP pola súa colaboración e apoio no labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todas as persoas que participan nesta iniciativa solidaria.




Comparte vida, únete a nós.